Con máis agasallos e mangueirazos de auga que nunca para a mocidade ourensana, a nova edición do Ourense Dance segue coa súa faciana solidaria. Máis de 200 artistas participarán nas dúas horas que dura o evento.

Ourense Dance trae o verán

Vidal López, de Cadena 100 Ourense, presentado a edición do Ourense Dance de 2012. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Un ano mái Ourense Dance volve hoxe a súa cita coa mocidade ourensá no Xardín do Posío, cumprindo 16 edicións dun evento que xa é un clásico festivo no comezo do verán da cidade. Vidal López, organizador do evento, destaca 'o éxito dunha festa froito da colaboración entre Cadena 100 e a Concellería de Cultura do Concello de Ourense. Ourense Dance é unha festa que sempre ten lugar no comezo do verán, cando os rapaces e rapazas acaban a Selectividade e o curso escolar. ë unha festa humilde, sen pretensións, e ourensana. A nosa intención e que a mocidade o pase ben, que veña a divertirse'.
Ésta 'é unha festa de balde, onde o público son rapazas e rapaces de entre 14 e 16 anos. veñen a mollarse cos mangueirazos, a disfrutar da música e disfrutar dun espectáculo que dura dous horas trepidantes'.

Nos últimos anos 'quixemos darlle un aspecto solidario, xa que a nosa intención é que as mozas e mozos colaboraran e foran conscientes da realidade na que estamos a vivir. Por eso, e gracias os voluntarios de Amencer, recollemos alimentos que posteriormente donaremos a Cáritas. A cada asistente só lle pedimos unha cousa: ou ben un kilo de arroz ou un kilo de macarróns'.

En canto ás actuacións 'son todo grupos e xente de Ourense, dende vocalistas, cantantes, pinchadiscos, grupos musicais e de baile. é un espectáculo no que o proceso é o mesmo: actuación, regalo e mangueirazo de auga'. 'Temos un guindastre -explica Vidal- que utilizaremos tanto para mollar á xente que non está tan preto do escenario como para achegar os agasallos dos patrocinadores e colaboradores. De feito este ano intentaremos, como novidade, que entre dúas e catro persoas poidan subir ó guindastre para vivir a experiencia da festa dende ahí enriba'.

Ourense Dance 'é unha festa da mocidade ourensá, que conta cun apoio desinteresado de moita xente. Seguimos organizando a festa porque funciona, e a resposta da xente é tremendamente positiva. a asistencia dos mozos e mozas vai pasando duns irmáns a outros. A prioridade é pasalo o mellor posible e mollarse, polo que non deixamos de recordar que os rapaces e rapazas veñan ó Posío con mochila e roupa seca'.

Te puede interesar