XUNTANZA

Ourense e o Estado mexicano de Coahuila ábrense á colaboración

BALTAR_result
photo_camera Manuel Baltar, no centro, coas autoridades mexicanas e o xerente de Expourense (á súa dereita).

Manuel Baltar expresoulles a intención de explorar liñas de colaboración entre a provincia de Ourense e Coahuila, en especial no que atinxe ao termalismo

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, recibiu a representantes institucionais e empresariais do Estado mexicano de Coahuila, que acuden á feira Termatalia porque o vindeiro ano este certamen desenvolverase en México.

A misión institucional e empresarial, encabezada polo subsecretario de Turismo de Coahuila, Luis Alfonso Rodríguez Garza, expúxolle a Baltar as potencialidades deste estado, que conta cunha importante industria nos ámbitos automobilístico e da alimentación, dos que son líderes, e tamén no sector termal. Manuel Baltar expresoulles a intención de explorar liñas de colaboración entre a provincia de Ourense e Coahuila, en especial no que atinxe ao termalismo.

Na xuntanza, na que tamén participou o xerente de Expourense, Alejandro Rubín, estiveron con Rodríguez Garza outros tres altos cargos da secretaría de Turismo. O encontro produciuse no Pazo provincial.

Te puede interesar