FOTOGRAFÍA

Outumuro lamenta a perda de control na fotografía de moda

manuel_outumuro_result
photo_camera O fotógrafo ourensán Manuel Outumuro, no Gaiás de Santiago.

O fotógrafo ourensán imparte unha máster class con motivo da exposición ‘Con-fío en Galicia’ no Gaiás

O prestixioso fotógrafo ourensán afincado en Barcelona Manuel Outumuro, participou onte nas xornadas académicas que se desenrolan con motivo da exposición "Con-fío en Galicia" que se desenrola no Museo Centro Gaiás de Santiago, revisando durante a intervención a súa biografía, ademáis de reflexionar sobre a evolución da fotografía de moda durante as últimas décadas. Na súa master-class, Outumuro adicou parte da súa intervención ás relacións entre a fotografía de autor, as grandes marcas e as publicacións especializadas.

Outumuro, considerado como un dos grandes nomes da fotografía de moda en España, subliñou a perda de control que os fotógrafos están a experimentar sobre os seus traballos e como a influencia das grandes cabeceiras de moda internacionais están a uniformizar todos os estilos, facendo cada vez máis excepcional a existencia de fotógrafos cun selo propio.

As fotografías de Outumuro reflicten a historia da moda nestes últimos vinte anos. Ademais de ser creador da imaxe gráfica e comunicación visual de grandes deseñadores, como fotógrafo publicou en revistas internacionais como Vogue, Elle ou Zest e españolas como Fotogramas, Telva, Woman, Elle ou Marie Claire, ademais de colaborar en importantes xornais nacionais.

Por diante da súa cámara pasaron, e seguen pasando, case todos os actores, actrices e directores do noso cine, así como un gran número de personalidades de diferentes ámbitos culturais.

Multi premiado

Este ourensán afincado en Barcelona foi galardoado en varias edicións cos premios Lux de Oro da Asociación de Fotógrafos Profesionales e recibiu varios Laus Oro. Foi distinguido co premio ARI como mellor fotógrafo do ano 2002 outorgado pola Asociación de Editores de Revistas de Información. O seu estudo de Barcelona recibiu o Premio ACCA 2002 (Associació de Crítics d’Art de Catalunya) á iniciativa privada da recuperación do patrimonio.

Te puede interesar