SENTENCIA

O Parlamento recorda á Xunta a obligación de demoler o polideportivo de Melón

A orde de demolición, de acordo coa iniciativa aprobada na comisión de ordenación territorial a instancia do grupo mixto, debe cumprirse "sen máis dilación e dentro do prazo"

O Parlamento pediu á Xunta de Galicia, coa unanimidade dos grupos, que cumpra o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que en sentenza firme e inapelable do 19 de febreiro ordena a demolición do polideportivo de Melón.

A orde de demolición, de acordo coa iniciativa aprobada este venres na comisión de ordenación territorial a instancia do grupo mixto, debe cumprirse "sen máis dilación e dentro do prazo concedido pola devandita sentenza".

A proposición non de lei foi autoría da deputada do grupo mixto Carmen Iglesias e someteuse a votación sen modificacións, tras o que recibiu o apoio de PPdeG, PSdeG, AGE e BNG.

Te puede interesar