ENTREVISTA/VIDA

Lirolaio, a sonoridade da música tradicional

OURENSE. 26.03.2015. PLAZA MAYOR GRUPO LIROLAIO. FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera Lirolaio.

Este grupo é sonoridade, é cantar, é festa. Unha ledicia pola música e o baile tradicional que se desprende e contaxia a través dos instrumentos dos seus cinco compoñentes

Lirolaio é sonoridade, é cantar, é festa. Unha ledicia pola música e o baile tradicional que se desprende e contaxia a través dos instrumentos que tocan cada un dos seus cinco compoñentes. Agora, despois dunha pequena disolución debido a incopatibilidade temporal, volven a retomar a actividade nunca esquecida coa intención de recoller todo aquelo que fora e darlle una lavada de cara para facer do vello, algo novo.

Como foron os inicios de Lirolaio?

Comezou cando aínda estabamos no instituto de secundaría, para un concerto ao final de curso. Foi así cando xurdiu a idea de montar un grupo, aínda que xa tocaramos un infindo de veces xuntos. Dende aquelas o nome cambiou polo menos tres veces e algún que outro marchou e outros chegaron, e quedamos os que estamos, polo momento. Pero cando comezou de veras foi cando saímos por primeira vez xuntos baixo o nome que temos agora.

A que se debe o nome?

O nome foi practicamente o máis complicado que temos feito en conxunto. A verdade é que o porque, realmente, non vai máis que pola propia sonoridade del mesmo. Lirolaio, sonanos a cantar, sona a Alala e a muiñeira, incluso a rumba andaluza. Lirolaio é porque si. Porque non vai ser? Tivemos algun problemiña co nome máis dunha vez. A xente de primeiras resultalle complicado. Por si acaso non quedou claro: Lirolaio.

Cal é o tipo da música que interpretan?

A musica que solemos interpretar é tradicional, moitas delas de dominio publico ou anonimas, outras de autores modernos e moi poucas de autoría propia. Aínda que non sempre é tan tradicional. Temos un compoñente que che toca a saber o que se lle ocorre, e tan pronto esta cun vals como se mete nun merengue. Temos inquedanzas de preparar temas que saían da nosa contorna. Arranxar, por ejemplo algún que outro tango ou unha sambiña. En fin. É complexo e non. Diremos que tradicional.

Que queren facer chegar ao público coa súa música?

Sen dúbida, o que queremos que pase cando tocamos e que a xente baile e ría. Case obrigamos a que a xente non pare sentada e decímolo literalemente: ou se levantan ou nós non tocamos. Temos comprobado que o que fai que a xente lle guste a nosa música é que a nos gustanos máis que a eles. Vennos contentos, rindo e facendo bromas, entón eles tamén se ven con forzas para facer o  mesmo. Queremos facer chegar alegría e ganas de festexar ao momento.

Das súas actuacións en directo, con que se quedan?

Creo que pode ser a proximidade que se consegue ca xente e as milleiras de anécdotas que poden saír de eí. A nós non nos gusta especialmente dar concertos. E máis, intentamos escapar deles dalgunha maneira. Preferimos foliadas ou jam sessions tradicionais. Que se poida meter quen queira co seu instrumento, que poida bailar agarrado ou jota quen poida, que cante que dea. Se non fose así, seguramente non nos prestaría tanto tocar en directo.

Cales son os seus proxectos?

Agora mesmo estamos nun momento especialmente complexo. Queremos arranxar temas con acordeón e saxofón. É un momento de reflexión para todos nós onde estamos pendentes de que facer. Queremos coller o vello de tantos anos e renovalo. Non queremos nada tolo, ningunha innovación en si, se non recoller o que xa sembramos e aproveitar os froitos o mellor posible. Podese decir que ese é o noso proxecto agora mesmo. Renovacion, renovacion e renovacion.

Te puede interesar