PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
Chegando á igrexa de Santa Baia de Beiro dende o Camiño Real, un home, ao volante do seu tractor, quedaba mirando a longa ringleira de persoas en camisetas negras. Serigrafiada nestas prendas, o reverso dunha carta de Otero Pedrayo á súa muller: un debuxo improvisado do mapa de Galicia, coa capital sita en Trasalba. Para comprender a referencia, temos que retomar esta historia dende o principio, a comezos do século pasado.
No verán de 1926, ano Xacobeo, Otero Pedrayo e Vicente Risco organizaron unha peregrinación a pé ata Compostela como parte das xeiras de estudo e catalogación do patrimonio cultural e material galego, un labor que inciara o Seminario de Estudos Galegos dous meses antes. A madrugada do 8 de xullo dese 1926, Risco e Otero saíron de Ourense cara a capital de Galicia xunto a Lois Feijóo Sánchez, estudante de Medicina, Antonio Sánchez González, mestre en Trasalba, e o xornalista Xavier Pardo Vedía. Sería este último quen asumiría o papel de cronista para inmortalizar a travesía de catro días a “Sant-Yago” (na súa grafía) en “A Nosa Terra”, a publicación das Irmandades da Fala.
Realizaron a marcha polo camiño dos arrieiros, menos transitado, descartando a Vía da Prata á mantenta. A ruta dos peregrinos medievais levaríaos a Amoeiro, ao Carballiño, Irixo, Silleda e, finalmente, Compostela, onde chegaron o 11 de xullo dese 1926.
Case 100 anos despois, as fundacións que gardan da obra e a memoria de Pedrayo, Risco, Castelao e Antón Losada Diéguez organizaron onte a andaina “Camiño de Nós” para rememorar este episodio de antano. Pouco despois de botar a andar, Miguel Anxo Seixas, representando á Fundación Castelao, xa apuntaba que o artista e escritor de Rianxo non participara na sonada aventura, aínda que “non se coñece xustificación algunha”, segundo el.
Falando desta historia secreta, Seixas e Eduardo López, presidente da Fundación Otero Pedrayo, subían a Costiña de Canedo, un nome de retranca para unha pendente que ascende uns 270 metros en dous quilómetros. Hoxe en día a marcha é relativamente fácil porque a vía está asfaltada, pero en tempos da xeración Nós estaba pavimentada con penedos.
A conto da ocasión, López Pereira lembra a infancia como alumno dun dos protagonistas desa peregrinaxe histórica. Nos anos 50, Antonio Sánchez collía un coche de Castromil con destino a Vigo para sortear a costa entre Santa Cruz de Arrabaldo ata a escola de Trasalba, un billete lle saía máis económico co seu soldo de mestre.
Por fin os sendeiristas alcanzaron a Cima da Costa e, tras repoñer líquidos bebendo dunha fonte, abandonaron a ruta xacobea e desviáronse cara a Igrexa de Santa Baia de Beiro, a uns 500 metros. Ao carón do templo, o busto de Basilio Álvarez recibiunos á entrada da casa da Asociación de Veciños de Santa Olaia de Beiro, onde repartiron a ración de chocolate e pan de Cea para rillar ao mediodía.
Coa fame saciada, a investigadora Patricia Arias Chachero, rodeada polas lousas e as lápidas do camposanto de Santa Baia, para dar unha pequena ponencia sobre o “polémico” cura agrarista Basilio Álvarez, que dera homilías nesa parroquia: “Alentou moito aos labregos a que se rebelasen e que deixasen de pagar os diezmos, utilizando moito o púlpito para revolver á xente”.
Ata aquí chegou este xornalista, deixando aos camiñantes continuando a etapa ata Amoeiro. Así, gastando as solas, gozando da natureza cos cinco sentidos e atendendo á historia secreta de cada recuncho, van coñecendo a cultura que quixeron rescatar os literatos. Como escribira Risco no prólogo de “Pelerinaxes I”, de Pedrayo: “A terra d’un débese andar d’a pé”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último
BÁDMINTON OURENSANO
El Club Athlos de Ourense, a buen nivel en las citas nacionales
La Región
El traje nuevo del emperador
CAPACITACIÓN DIGITAL
"A Maiores" acerca formación en compañía a Cartelle