Pereiro aproba o orzamento máis alto da historia

photo_camera El Concello de Pereiro de Aguiar aprobó el presupuesto más alto de su historia, 6,5 millones de euros. Supone un incremento del 20% con respecto al año pasado.
Dóbranse os investimentos e non se sobe a fiscalidade. O PSOE ve “insuficientes” as contas

O Concello de Pereiro de Aguiar aprobou onte o orzamento máis ambicioso da súa historia, que ascende a máis de 6,5 millóns de euros. Foi aprobado cos votos a favor de PP e o edil de DO e cos 3 votos en contra do PSOE. Aumentan en 1,08 millóns respecto ao ano pasado, case o 20%. A partida máis destacada  é o incremento nos ingresos de 250.000 euros en transferencias doutras administracións debido ao aumento de poboación e á participacións nos tributos, ao ter a renda per cápita máis alta. En investimentos pásase de 715.000 euros a un 1,5 millóns, máis do dobre; e do 13% ao 22% de investimentos. Todo este aumento conséguese se aumentar a recadación, consolidando as rebaixas fiscais feitas en anos anteriores. 

Un total de 1,2 millóns destínanse a gasto social e, por primeira vez, no segundo semestre deste ano porase en marcha o centro do día dos Gozos, “a pata que nos falta na oferta social”. Están a piques de asinar o convenio coa Xunta. 

 O PSOE tildou de “insuficientes” os orzamentos, ao “incumprir” coas necesidades dos veciños e ser un “malgasto de recursos públicos no que non se aposta polo fomento de renovables, o gasto en persoal é moi elevado e non apostan porque se asente poboación”. O edil de DO cualificou de “moi pobres” os argumentos socialistas. 

Te puede interesar