Pereiro deu 37 licencias de obra maior o ano pasado, 20 para novas vivendas

Fachada del Concello de Pereiro de Aguiar.
photo_camera Fachada del Concello de Pereiro de Aguiar.
O alcalde, Luis Menor, afirma que estas cifras "ratifican o dinamismo inmobiliario" do municipio da área metropolitana

A área de Urbanismo do Concello de Pereiro outorgou un total de 37 licenzas de obra maior durante todo o ano pasado. O seu alcalde, Luis Menor, afirma que estas cifras “ratifican o dinamismo inmobiliario” do municipio, asegurando que colocan a Pereiro entre os primieiros postos da provincia nesta materia.

Concretamente, concedéronse 20 licencias para novas vivendas, catro rehabilitacións integrais, outras catro para reformas de naves existentes e locais comerciais, e nove licencias para agrupación ou segregación de parcelas, o que determinará unha posterior construción de novas edificacións. “A construcción de novas vivendas é un parámetro positivo máis dentro dos varios que determinan o crecemento constante do noso Concello, como son o aumento continuo de poboación, a creación de novas empresas, e seguimos sendo o Concello con máis renta per cápita da provincia”, afirmou Menor.

“En definitiva, seguimos sendo un Concello que non para de medrar e que se caracteriza polo seu dinamismo económico”, destacou o primeiro edil do Pereiro. 

Te puede interesar