Ourense

A Peroxa abre este venres a piscina municipal para empadroados

Ourense

Verán

A Peroxa abre este venres a piscina municipal para empadroados

A piscina municipal da Peroxa abre hoxe as súas portas cun horario de 15,00 a 21,00 horas. Nas súas instalacións só poderán entrar empadroados ou familiares directos deles que solicitasen nas oficinas do Concello o carné de usuario. No recinto non se permitirá a entrada con xoguetes ou balón e o paso polo punto hixeinizante con xel hidroalcohólico será obrigatorio. O aforo márcase nun 75% da súa capacidade para garantir a distancia de metro e medio nas parcelas creadas para este verán.