Ante a chegada do Aquarius, o concello ofrece varios espazos de acollida
O Concello de A Peroxa foi un dos municipios ourensáns que se ofreceu á Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para acoller aos refuxiados do Aquarius rescatados por España.
Onte mesmo, membros do consistorio enviaban por escrito os seus plans para facer realidad a devandita acollida, que pasan por empregar o futuro Centro de Emerxencia Social, para o cal o goberno municipal está a rehabilitar dúas casas históricas do núcleo de Fonte Arcada. Desde o Concello recoñecen que, debido á celeridade que precisan estas persoas en busca de refuxio, non chegarán a tempo para ter o novo centro acondicionado.
Sen embargo, ofrecerán alternativas, como son as antigas escolas que están baleiras para poder facer a acollida. Aínda que tamén barallan facer un aluguer en vivendas do municipio en desuso.
CONCELLO SOLIDARIO
Non é a primeira vez que A Peroxa se ofrece a unha iniciativa así, xa que tamén se mostrou aberto a acoller a refuxiados sirios no seu momento. Segundo o concelleiro popular José Manuel Rodríguez, "no rural a xente é máis solidaria,e cando a xente o necesita, estamos aí", poñendo en valor a boa recepción da iniciativa.
Desde a oposición, o PSOE de A Peroxa felicitou ao Concello pola "acertada e xusta decisión".