O piragüismo, a favor de navegar por Cachamuíña

José Manuel Fernández e Luis Menor.
photo_camera José Manuel Fernández e Luis Menor.
A Deputación iniciou as obras dun novo aparcamento para o encoro

A Federación Galega de Piragüismo manifestou onte o seu apoio ao Concello do Pereiro para solicitar á Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) o cambio de uso do encoro para permitir a súa navegabilidade por embarcacións sen motor. Onte reuníronse á beira do encoro o delegado da Federación Galega de Piragüismo (FGP) en Ourense, José Manuel Fernández, e o alcalde do Pereiro, Luis Menor.

O delegado trasladoulle ao rexedor “todo el apoyo de la FGP para convertir en navegable un embalse que presenta unas condiciones óptimas para el desarrollo de actividades deportivas”. Ademais, a FGP “pone a disposición del Concello el asesoramiento técnico del que dispone para lo que pueda necesitar en este trámite”, así como todas as ventaxas que ten albergar un club de piragüismo. Pola súa parte, Menor afirmou que “temos moitas razóns para conseguilo e perseguirémolo ata o final”.

Por outra banda, tamén se iniciaron recentemente as obras -que leva a cabo a Deputación- para dotar ao encoro dun novo aparcamento na vella estrada de Luintra, na Ponte dos Gozos. 

Te puede interesar