O grupo Outeiro reclamou que foran recollidas súas alegacións para a protección dos petroglifos

O Plan Xeral do Irixo espera polos informes arqueolóxicos

Os técnicos da Comisión Provincial de Patrimonio deberán elaborar un informe sobre a conservación dos petroglifos achados en montes do Irixo para a súa incorporación ó expediente do Plan Xeral de Ordenación (PXOM) deste municipio, que foi publicado o pasado mes de febreiro no Diario Oficial de Galicia. O grupo ecoloxista Outeiro, do Carballiño, presentou alegacións en materia de patrimonio aqueolóxico ó plan urbanístico, concretamente referidos á protección destes vestixios prehistóricos.
'Trátase de medio cento de xacementos arqueolóxicos que hai que revisar en situación xeográfica ou en planimetría, dos cales 25 son novos descubrimentos', suliña Juan José Álvarez, directivo da asociación ecoloxista. Engade que 'o PXOM é a ferramenta imprescindible para evitar a destrucción desta riqueza etnográfica', e por iso confían en que Patrimonio a contemple como tal.


ÉPOCAS

Ademais dos petroglifos, entre os novos achádegos hai xacementos das distintas épocas da Idade Antiga e Media. xa que os ecoloxistas atoparon dende mámoas do neolítico e petroglifos da idade do bronce; restos de minería aurífera a ceo aberto da época romana ata cruces e marcos do medievo.

O alcalde, Manuel Penedo, declarou que a inclusión dos restos no plan urbanístico está en función do informe que aporte Patrimonio. 'Dudo que sean auténticos, pero si Patrimonio confirma que son restos arqueolóxicos quedarán reflexados no PXOM, que está agora na fase de resolución das alegacións', puntualizou. Penedo asegurou que non tiña constancia da súa existencia, insistindo que non serán un obstáculo para a construcción da incineradora, si se confirma a ubicación en Irixo, 'só hai que señalizalos como se fixo cas obras do Ave', sentenciou.

Te puede interesar