Polos de emprendemento para captar e dinamizar proxectos

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.
photo_camera A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.
Os polos de emprendemento de Verín, Carballiño e Silleda están en marcha e este ano activaranse os do Barco de Valdeorras, Vigo e O Porriño

Galicia conta cunha ampla rede de polos de emprendemento que este ano seguirá medrando ata dar cobertura ao 100% dos concellos galegos.

Os polos de emprendemento son unha ferramenta idónea para facilitar as condicións e crear un ambiente favorable para que emprendedores e empresas poidan crear postos de traballo con futuro na zona onde se asentan.

Nestes espazos de dinamización e captación de proxectos, ofrécense, entre outros,  servizos de información sobre oportunidades de emprendemento; asesoramento  personalizado para cada territorio; espazos de traballo temporal e networking;  captación de investimento e financiamento; e orientación e asesoramento e recursos  físicos. Os usuarios, ademais, poderán acceder a convocatorias anuais de axudas para a consolidación do seu investimento e a xeración de postos de traballo.  A Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego apoia ás persoas emprendedoras a través da formación e o asesoramento que ofrecen mentores especializados e forma parte da estratexia Xempre Contigo, que aposta por un mercado laboral máis interconectado, formado e dinámico.

A finais de 2023 está previsto que a Rede esté composta por 15 polos dos que tres estarán situados na provincia de Ourense. Ao de Verín, que foi o primeiro que se inaugurou en xullo de 2022, súmase o do Carballiño, que abre agora, e en próximas datas o do Barco de Valdeorras. 

Óscar Soliño, coordinador do polo Ourense Centro e Sur, comenta que “prestamos apoyo a los emprendedores de 36 concellos del sur de Galicia. Pueden acudir a nosotros en cualquier fase de su proyecto. Desde gente que quiere emprender pero que ni siquiera tiene una idea sobre qué hasta emprededores que ya tienen en marcha su proyecto y que quieren modificar o introducir un nuevo producto, pasando por aquellos que necesitan información sobre trámites o fiscalidad”. Soliño coordina a labor do centro con dous técnicos e un equipo de especialistas. No polo de emprendemento ubicado en Verín os proyectos maioritarios están vinculados á alimentación, o turismo e a hostelería. En Verín están moi satisfeito coa valoración que fan os diferentes usuarios que acuden á oficina. “Nos reconocen que les viene muy bien porque la gente suele tener incertidumbres y se ve sola en el emprendimiento y tener este tipo de ayuda es muy bueno para ellos. La nuestra, muchas veces es una labor humana, actuamos casi como un psicólogo porque es un proyecto con el que pasas por muchas fases”.

Por outra banda, o polo Ourense Centro que se atopa en Verín xa beneficiou a 47 personas (26 mulleres e 21 homes), conta con 30 proyectos (19 de emerxer, 3 de explorar, 5 de executar e 3 de expandir). E traduciuse en  12 persoas xurídicas constituidas.

Un dos emprazamentos de máis recente creación é o de Miño Central con sede no Carballiño que prestará servizo a 48 concellos de cinco comarcas (Allariz-Maceda, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro e Terras de Celanova). É o sexto polo da Rede que se puxo en marcha o pasado ano para acompañar e apoiar ás persoas emprendedoras cos seus proxectos empresariais en todas as súas etapas, de principio a fin.

Na provincia de Pontevedra está en marcha o de Silleda e este ano activaranse os de Vigo e Porriño.

Neste momento son oito os polos de emprendemento que xa están en funcionamento en toda Galicia. No último ano, estos espazos ofreceron un asesoramento permanente e especializado a máis de 220 persoas axudándoas a desenvolver 209 proxectos empresariais, dos que permanecen en activo 162. Un 57% destas iniciativas empresariais son lideradas por mulleres.

Os novos proxectos que se están a desenvolver enmárcanse en sectores moi diferentes: a agricultura, a gandaría, a silvicultura e a pesca (17%); o comercio (16%), a hostalería (12%) ou as actividades científicas e técnicas (8%).

Xornada de emprendedores "Speed Dating" en Verín

Mañá luns, o polo de emprendemento en Verín acollerá unha xornada de emprendedores baixo o título “Speed dating” que ten coma obxectivo  lograr que todos os emprendedores coñézanse, creando así unha comunidade máis forte. E, doutra banda, que os emprendedores comproben a súa capacidade para poder presentar o seu proxecto de maneira clara e práctica.  

O evento consiste nun cara a cara sentados cada un nunha cadeira, un fronte a outro nun máximo de 1-2 minutos aproximadamente. Cada participante deberá deixarlle claro a súa “parella” o proxecto de Emprendemento que levou a cabo ou quere levar a cabo. Óscar Soliño, coordinador do polo Ourense Centro e Sur, comenta que “el objetivo es crear comunidad porque en ocasiones una parte del emprendimiento que suele fallar es la comunicación”.

Ao acabar a dinámica, o equipo do Polo preguntará que lles quedou claro sobre os proxectos que foi coñecendo de maneira grupal. Así, esta dinámica servirá tanto para seguir dinamizando o evento, cunha participación grupal, así como para que os emprendedores comproben que lles quedou claro do resto de compañeiros o proxecto que queren desenvolver. Posteriormente todos os emprendedores contarán cun espazo de charla distendida para poder coñecerse e crear unha comunidade de emprendemento na rexión.

Te puede interesar