O PP critica o estado “deplorable” da zona termal municipal de Ourense

El potencial termal necesita del apoyo institucional.
photo_camera El potencial termal necesita del apoyo institucional.

O grupo municipal do PP no Concello de Ourense censurou onte o “deplorable” estado dos espazos termais da cidade, logo de visitar todas as instalacións e comprobar que están “totalmente descoidadas e abandonadas”.  “En todas as termas o céspede está sen cortar, as árbores sen podar, as sinalizacións cheas de pintadas, as estradas de acceso cheas de fochancas, os vestiarios están pechados e os baños teñen un estado de sucidade deplorable”, criticou a edil popular Ana Méndez, quen engadiu que “tampouco hai unha soa cafetería operativa en toda a zona termal”. 

Unha situación que tamén lamentan s usuarios habituais cos que a popular conversou durante a súa visita. Ademais, a concelleira puxo  de manifesto que só está aberto ao público un 10% de todo o espazo termal, concretamente, a Burga de Canedo, “pero nin sequera ten todos os seus vasos cheos”, lamentou Méndez, que considera que esta situación é fiel reflexo do “pasotismo do alcalde”.

A edil popular asegurou que “é inaudito que no mes de maio houbese dúas pontes festivas e que o alcalde non se dignase a facer o mantemento oportuno, e continúe sen facelo”. Na mesma liña, a concelleira pide ao alcalde e ao seu grupo de goberno “que deixen de anunciar ocorrencias populistas como a do parque acuático termal e que se poñan a traballar de verdade, sens improvisacións”. Ademais, advertiu que a inacción do alcalde podería facer que o Concello perda “outros 300.000 euros” en subvención para as termas de aquí a final de ano.

Te puede interesar