O PP pide que o alcalde sexa reivindicativo pero que cumpra co seu deber

O voceiro municipal do Partido Popular de Ourense, Rosendo Fernández, manifestou hoxe tras a xunta de voceiros que lle pide ao alcalde que sexa 'reivindicativo' ao tempo que 'cumpre co seu deber'.
Na reunión o alcalde, Agustín Fernández, reiteroulles a todos os voceiros a súa petición de apoio ao Pacto das Burgas, un acordo para 'solicitar ao unísono' a construción de todas as infraestruturas pendentes e o cumprimento dos compromisos establecidos coa cidade, como 'o AVE, a variante exterior ou os centros de saúde'.

Ante esta petición, 'a oposición non manifestou o seu apoio expreso', apuntou Agustín Fernández, 'aínda que tampouco deu unha negativa'.

Porén o alcalde considera esta formulación unha 'desilusión' para o obxectivo de 'reivindicar cunha soa voz'.

Pola súa banda, o Partido Popular expuxo que eles tamén teñen 'un proxecto de cidade' e que queren un alcalde que cumpra obxectivos.

Rosendo Fernández tamén agradeceu que a xunta de goberno servise para 'ter información de boca do alcalde' sobre a situación de proceso xudicial do servizo da axuda ao fogar. 'Sabemos agora que non hai funcionarios apostos' pero destacou que o servizo continúa 'baixo sospeita'.

Te puede interesar