Prazo aberto para o concurso de tarxetas de Nadal en Barbadás

O Concello de Barbadás vén de abrir o prazo para participar no concurso de tarxetas de Nadal, que se prolongará ata o 15 de novembro. A tarxeta galardoada co primeiro premio poderá ser utilizada para imaxe do Programa cultural de Nadal e os requisitos para participar é presentar as tarxetas en cartolina ou papel en tamaño DIN A5, e estar matriculados en Educación Primaria, desde 1º a 6º.  As bases reguladoras do concurso establecen dúas categorías: alumnado de 1º a 3º de Primaria e alumnos de 4º a 6º curso. As tarxetas deberán reflectir o espírito do Nadal e poderá conter de forma libre calquera aspecto relativo a estas festas, valorándose a orixinalidade e a capacidade creativa.As tarxetas depositaranse no buzón habilitado para o efecto nos colexios O Ruxidoiro e Filomena Dato, así como na Casa de Cultura.  As tarxetas presentaranse en sobre pechado con pseudónimo e idade.

Te puede interesar