Recoñecemento

O Premio Otero Pedrayo, á defensa do legado de Nós

As fundacións Risco, Otero, Losada Diéguez e Castelao recibirán o galardón do ano 2020

O xurado do galardón Otero Pedrayo 2020 aceptou a proposta presentada polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, para premiar ás fundacións Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Losada Diéguez e Castelao pola súa defensa do legado destas figuras da históricas de Galicia. Baltar resaltou o "esforzo e deducación" que levan a cabo as institucións para "manter vivo o pensamento e a obras destes grandes das nosas letras, intelectuais da Xeración Nós, que puxeron a Galicia en Europa". 

Ademais, Baltar propuxo ao xurado conceder mención de honra ao Museo Arqueolóxico de Ourense: "É unha institución de carácter público que soubo recoller o maxisterio de Florentino López Cuevillas", resaltou Baltar. A outra será para o Concello de Cambados, quen sustenta o museo da casa natal de Ramón Cabanillas no barrio de Fefiñáns,

Baltar foi o encargado de co-presidir a xuntanza, xunto ao secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e recoñeceu no seu discurso de entrada o compromiso da Deputación por "promover e velar pola propia identidade cultural e facer da creatividade, o motor de desenvolvemento político, social e económico dun territorio". 

A ourensanía acadou protagonismo polo "sentimento de pertenza á Terra Nai, como parte substancial desta nación cultural á que chamamos Galicia", afirmou Baltar. Por iso,  destacou a Ramón Otero Pedrayo, quen dá nome ao premio, por aportar á investigación, ó pensamento, á literatura e á polítca, "esa dose de ourensanismo da interpretación do mundo a partir de realidade máis próxima, íntima e vivencial".

O 30 de outubro cumpriranse cen anos da publicación do primeiro número da revista Nós na cidade, imprentada por La Región. Dirixida por Risco e con redactores como Losada Diéguez, Otero Pedrayo, Cuevillas, Castelao e Cabanillas, marcaron un antes e un despois na cultura galega. "Nós comezou sendo unha carpeta de maxistrais debuxos de Castelao, pasou a ser cabeceira da revista, denominou toda unha xeración, impregnou a investigación, as artes, as letras, as ideas, o pensamento político e conectounos con Europa e co mundo", resaltou Baltar na súa intervención.

O presidente da Deputación recordou que Ourense, onde Nó se fraguou, "sempre estivo vencellada ó pensamento e á acción dos homes de Nós". Baltar recoñeceu que "ningúen coma Eduardo Blanco Amor" para tomar o relevo de Risco e mantendo a ourensanía que décadas despois se segue "reivindicando e practicando". 

Con todo isto, Baltar presentou a candidatura que foi aprobada polo xurado que lle concederá o Premio Otero Pedrayo ás catro fundacións e ás dúas mencións de honra. 

Te puede interesar