Presas: “O 26 decidimos se os nosos problemas serán defendidos ou non”

<p></p>
photo_camera Noa Presas, intervindo en Allariz na Praza dos Brancos.

O BNG deu un mitin en Allariz, coa portavoz nacional Ana Pontón, e os candidatos Noa Presas e Francisco García

O Bloque Nacionalista Galego ofreceu onte un mitin en Allariz, onde é alcalde o candidato Francisco García. Acudía a portavoz nacional da formación, Ana Pontón, para respaldar especialmente á candidata ao Congreso dos Deputados, Noa Presas, quen recalcou que "o 26 de xuño non decidimos quen é o presidente menos malo do turnismo; decidimos se Galiza e os nosos problemas serán defendidos ou non, serán defendidos sen ataduras".

Pontón dixo en Allariz, como xa avanzara en Pontevedra pola mañá, que os seus obxectivos económicos pasan por executar catro principios: planificar e modernizar os sectores produtivos, potenciar a innovación, a protección ambiental como chave para o desenvolvemento ou crear emprego digno e en igualdade para homes e mulleres.

Presas, despois de que pola mañá asistira en Pontevedra á presentación dese grupo de medidas económicas, lembrou en Allariz que a defensa dunha tarifa eléctrica galega ou un novo modelo de financiamento para a Comunidade, precisan dunha forza "sen dependencias nin ataduras con forzas estatais" para condicionar un goberno en Madrid que atenda de verdade aos problemas de Galiza. E insistiu en que "Galiza impórtalle só aos galegos" e reafirmou a necesidade dunha "voz galega no Congreso".

Te puede interesar