PRECAMPAÑA ELECCIÓNS XERAIS

Presas pide que Galicia recupere as competencias sobre as concas hidrográficas

JUAN HERRERO
photo_camera Presas e Rodil, con outros membros do BNG en Lugo.

A candidata do Bloque por Ourense demanda nun acto en Lugo que a Xunta asuma as competencias en materia hidrográfica para que "o Estado non deixe de "astrar os nosos recursos".

A candidata do Bloque Nacionalista Galego pola provincia de Ourense, Noa Presas, acudiu a un acto de partido en Lugo para, dende alí, reivindicar que as competencias en materia da xestión hidrográfica dos ríos galegos sexan transferidas ao goberno autonómico.

Presas, que estivo acompañada pola cabeza de cartel do BNG en Lugo, Olalla Rodil, asegurou que a recuperación neste eido suporía o fin da "dependencia de Galiza do Estado", xa que afirma que "non deixa de lastrar os nosos recursos tanto económicos como rurais". "O feito de que sexa dende Madrid dende onde se decide o que se fai sobre os nosos ríos incrementa o dano sobre os nosos recursos", afondou a candidata ourensá.

Te puede interesar