PROVINCIA

Os produtores de patacas piden información da praga

<p></p>
photo_camera Asistentes á reunión que se celebrou na Casa da Cultura de Sandiás.

Moitos deles asistiron á asamblea que convocou o alcalde de Sandiás para analizar o problema 

O grupo de goberno do Concello de Sandiás encabezado polo alcalde, Felipe Traveso, convocou unha asemblea na Casa da Cultura do municipio co obxectivo de tratar os aspectos vencellados á praga da couza guatemalteca da pataca.

A xuntanza, na que estiveron presentes o alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo e prodctores e almacenistas de toda a comarca, tivo un carácter meramente informativo, na que os participantes buscaban información sobre as características desta praga. "Tratei de documentarme sobre como afecta a couza, como se reproduce e o como é seu ciclo vital", sinala o rexidor de Sandiás. .

Na reunión falouse sobre as medidas que se están adoptando por parte da Xunta de Galicia para frear o avance da couza localizada, na actualidade, en 31 concellos das zonas da Mariña Lucense e Ferrolterra. "A xente está bastante tranquila por que, polo de agora, a comarca non está afectada", comenta Traveso. "A asemblea non foi para preocupar á xente, mais ben todo o contrario", engade.

Traveso manifestou a súa intención de reunirse coa directora xeral de Gandaría e Agricultura, Belén do Campo, para informarse, en primeira persoa, de como é a situación actual no que respecta á praga. "Dependendo da información que nos transmita a directora decidiremos cal é o seguinte paso que debemos dar", engade Traveso.

O que se reuniu coa directora xeral de Gandaría e Agricultura nos últimos días foi o deputado autonómico e concelleiro de Promoción Económica e Facenda de Xinzo, Carlos Gómez. Sobre a problemática da couza da pataca e na posibilidade de a praga chegue á comarca da Limia, Gómez sinala que "os campos e as patacas de excelente calidade da comarca da Limia están libres dadesta couza" polo que "compre transmitir serenidade aínda que sen baixar a guardia". O deputado explica que "nas zonas afectadas haberá que adoptar medidas drásticas".

Te puede interesar