Profesionais da alimentación na defensa do galego

Asistentes ao acto de constitución da Irmandade Galega de Adegueiros. (Foto: MARTIÑO PINAL)
O edificio do futuro Museo do Viño de Galicia, situado en Santo André de Ribadavia, foi escenario onte do acto de constitución da Irmandade Galega de Adegueiros, promovida polo Foro Enrique Peinador.
Asistiron 35 adegueiros e outras 15 persoas de diversos sectores agroalimentarios de Galicia, ademáis do secretario xeral de Política Lingüistica, Valentín García, entre outras autoridades. O presidente do Foro Peinador, Xosé González Martínez, incidiu en que nestes momentos de crise reflexar a identidade galega nas etiquetas dos productos é positivo para diferenciarse nos mercados e darse a coñecer. Nese senso esta nova entidade fai un chamamento ó 'consumo responsable', para que en calquera banquete se pida viño e outros productos etiquetados en galego. Ademáis de adegueiros e profesionais agroalimentarios tamén se incorporan a Irmandade distribuidores e empresas como Abril, Eroski, Gadis, Hoxe ou o Grupo Cuevas, entroutros.

Te puede interesar