Un profesor do Campus publica unha edición do Corán en latín

Antonio García Masegosa, profesor de Filoloxía Galega e Latina na Facultade de Historia, vén de publicar a edición crítica do Corán en lingua latina. A obra que leva por título 'Germán de Silesia.
Interpretatio Alcorani litteralis', consta de 540 páxinas e foi editada polo Consello Superior de Investigacións Científicas. A publicación do libro é o resultado dun proxecto de investigación interuniversitario chamado 'Islamolatina', unha iniciativa que se puxo en marcha no 2005 co obxectivo de estudar a percepción do Islam e as relacións mantidas pola Europa cristiá medieval cos musulmáns, na Península Ibérica.

Masegosa dedicou cinco anos de traballo de investigación“ ao estudo de seis manuscritos do Corán traducido ao latín no ano 1669 por Domingo Germán de Silesia, un frade franciscano da orde dos Frates Minores.

Te puede interesar