A Mobile Week volve a Ourense do 15 ao 18 de setembro: programa completo

mobile__
Redes sociais, música e ciberseguridade, entre os temas protagonistas desta edición

A segunda edición da Mobile Week desarrollarase entre os días 15 e 18 de setembro. Este evento estará centrado ao redor da aplicación cotidiana das novas tecnoloxías. A loita contra o despoboamento rural a través da dixitalización, o acercamento da administración a os cidadáns e a adaptación da poboación aos novos avances.

Este ano a programación inclúe talleres, charlas, conferencias, demostracións e formación dixital para todos os públicos.

XOVES 15

Marcos Valcárcel: 

-Antes da inauguración oficial da Mobile (12,00 horas), o experto Jaime García Cantero ofrecerá unha charla ás 10,00 horas.

-Innovación pública aberta, “Colaborar para transformar” (11,00 horas): Sandra Sinde, experta en innovación aberta e transformación cultural,  trasladarán os retos da innovación pública aberta.

-“Mecanismos da identificación coa administración pública” (18,00 horas): Durante o taller, José M. Enríquez Trigás (mestrado en ciberseguridade e ciberdefensa) falará sobre  o sistema de identificación (ChaveOu). O enxeñeiro informático Diego Cid Merino explicará os usos do DNI electrónico. Agustín Tourón, o cofundador de Councilbox, contará como atender o cidadán por videochamada.

Na sede da CEO: 

-Promoción de marcas ourensás no marketplace B2B europeo Ankorstore (10,00 horas).

-“O metaverso chegou  para quedarse” (16,30 horas): Que e como está irrumpindo no mundo do marketing dixital: que pode supoñer a súa chegada para o entorno de Ourense, maneiras de aplicalo e exemplos de éxito. A charla a dará Manu Sánchez Monasterio, presidente do Think Tank 8M’s of Artificial Intelligence & Metaverse Immersive Marketing.

-“Como podo obteñer fondos europeos paso a paso” (18,00 horas): o cofundador e CEO de Add4u, Miguel A. Domínguez, aborda na ponencia como aprender máis sobre a transformación dixital e os recursos dispoñibles para elo.

-Mesa redonda dos gañadores do “DayOne” de la Caixa (19,00 horas).

VENRES  16

Marcos Valcárcel: 

-“Tecnoloxía de apoio para unha sociedade inclusiva: Teleasistencia para unha maior autonomía”. Participa Javier Pereira e José Miguel Pérez Blecua”  (10,30 horas).

-“Cómo comunicar en Instagram” (18,30 horas): Carla Gabián, unha das caras ourensanas máis recoñecibles de TikTok, dará unha conferencia sobre cómo crear contido en Instagram.

-Concerto de música electrónica con Cora Nóvoa (19,00 horas): Nóvoa é productora musical, directora creativa e investigadora que traballa na intersección do arte e  a tecnoloxía.

Na sede da CEO: 

-“Promoción de marcas ourensanas no marketplace B2B EU Ankorstore” (10.00 horas).

-“Programa Sostenibilidade no Sector Agroalimentario” (12,00 horas): Leticia Álvarez, a co-directora do programa Sustainability Ie Executive Education tratará este tema na súa charla.

-Presentación app Fitovin e cata de viño (13,30 horas).

SÁBADO  17

Xornada no Centro Cultural Marcos Varcárcel:

-“Non hai metaverso sen metahumanos”, con Víctor Feliz.

-Presentación de Aldelista a gran BIG data.

-“A Intelixencia Artificial ao servizo do turismo “ (12,00 horas).

-Sesión vermut con Luís Garvía falando de Blockchain (13,30 horas).

-“Mundos Dixitais: perfís profesionais, saídos e sector de animación”. Proxeccións dos mellores concertos de animación dos últimos  20 anos (18,00 horas).

-“Escape Room de protección de datos” (18,00 horas). 

Ademais…

-“Búsqueda  do tesouro tecnolóxico” (Sede de Asesou, 17,00 horas).

-Orientación coa app Quiz Track (saída de praza do Bispo Cesáreo, 17,00 horas).

DOMINGO 18

-Ruta de senderismo de GeoTour “Celanova Xurés”, coa app Geocatchin, dirixida por un técnico deportivo (saída na Praza Maior de Celanova ás 10,00 horas).

-Na Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense (ESEI): Family Day - Hora do código. Charlas para nais, pais e educadores, (De 10 a 14.00 horas). “Impacto da tecnoloxía na adolescencia. Relacións, riscos e oportunidades”, “Uso educativo dos videoxogos”, “Como evitar que o meu fillo arruineme na tenda de videoxogos?” e “Educar aos nosos fillos contra as fake news”. 

Te puede interesar