RECOÑECEMENTO

Un proxecto ourensán gaña o premio Xoán Manuel Pintos

O programa "Apego", no que participa o concello, busca a transmisión da lingua galega dende o berce das familias

O programa "Apego", no que participa o Concello de Ourense, foi recoñecido co premio Xoán Manuel Pintos pola labor que desenvolve a prol da promoción da lingua galega. O xurado do galardón, que outorga o Concello de Pontevedra, subliñou que a iniciativa "consegue sumar a miles de familias para que sexan activas na transmisión da lingua dende o berce, como lingua inicial das súas fillas e dos seus fillos". 

A iniciativa "Apego" é un programa desenvolvido polos servizos municipais de normalización lingüística e dirixido a aquelas familias que se preparan para a chegada dunha crianza, ou que xa a teñen, acompañándoas na transmisión da lingua desde unha perspectiva integral, ao arroupar a crianza en galego con arraigo, orgullo e identidade. 

"Apego" propón o uso da lingua galega para crear vínculos coa familia, descubrir o mundo, asentar o arraigo a terra e crear redes que impulsen o uso do galego coas crianzas. 

O Servizo de Normalización do Concello de Ourense proporciónalles unha caixa de benvida á familias que agardan unha criatura ou acaban de tela e facilítanlle información das activdades que se desenvolven na cidade, así coma consellos para os pequenos adquiran a lingua galega dun modo natural. 

Te puede interesar