RURAL

Proxecto para recuperar casas baleiras no rural para aluguer

Impulsado e financiado pola Deputación, poñerase en marcha nos concellos de A Veiga e Oímbra

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, presentou onte o proxecto piloto "Revivenda", unha iniciativa que pretende rehabilitar viviendas  baleiras para aluguer co obxectivo de asentar poboación no rural. Esta iniciativa desenvolverase nos concellos da Veiga e Oímbra, que abordarán as xestións técnicas e administrtivas para remodelar vellas vivendas para alugar e atender aos solicitantes.

Manuel Baltar resaltou a importancia deste programa "polo que supón de impulso para dinamizar o rural, fixar poboación e atraer a familias, poñendo en valor os territorios rurais da provincia". Baltar suliñou o feito de que A Veiga e Oímbra son consellos que están a amosar un maior dinamismo e proba diso é que a idea deste proxecto "xurdíu destes dous concellos, da súa capacidade para xerar iniciativas e crer no rural".

A Deputación achegará un total de 200.000 euros (100.000 para cada concello) e os concellos aportarán 10.000 cada un. Estes, así mesmo, redactarán as respectivas ordenanzas municipais para a creación e regulación deste programa de viviendas baleiras en condicións de habitabilidade e sempre cun prezo módico, que incentiven o arrendamento de inmobles que anteriormente se atoopabn, na maioría dos casos, nunhas condicións non idóneas para o seu uso. Os concellos da Veiga e Oímbra subvencionarán o 40% da reforma, cun máximo de 12.000 euros de subvención. O prezo final estimado do aluguer oscilará entre os 140 e os 160 euros, segundo a localidade na que se atope ubicada a vivenda.

Os alcaldes de A Veiga e Oímbra, Juan Anta e Ana Villarino, respectivamente, resaltaron que esta iniciativa "daralle vida ao que xa a tivo, remodelar vivendas antigas, rachar o feísmo e ofrecer posibilidades laborais nos ámbitos da agricultura, gandeiría, industria e turismo", afirmou Ana Villarino.  Os concellos farán un rexistro das vivendas que se incluirán no programa e dos posibles beneficiarios. JuanAnta sinalou os requisitos que deberán cumprir os solicitantes destas vivendas: ser maiores de idade,ter nacionalidade española ou permiso de residencia, non poderan ser propietarios de ningunha vivienda nos concellos de Oímbra ou A Veiga e a unidade familiar non poderá superar uns ingresos mensuais brutos de 3.400 euros/mes.

Te puede interesar