CAMINO AL 12-J

PSdeG e BNG presentan as súas ideas para gobernar Galicia

Socialistas e nacionalistas insistiron na necesidade dun cambio no próximo goberno da Xunta

PSOE e BNG optaron este mércores por Ourense para os seus respectivos actos de presentación de candidatura á presidencia da Xunta.

Por unha banda os socialistas, liderados polo candidato á Xunta, Gonzalo Caballero, trasladaron o seu "respaldo unánime" a Rafael Rodríguez Villarino e ao subdelegado do goberno despois de que o PP de Ourense pedise a súa dimisión. Na presentación de Mariña Ortega como candidata provincial diante da Ponte Romana, Caballero afeou ao líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, recalcando que "é o único presidente autonómico ao que non lle gusta que o Goberno destine 2.000 millóns de euros para educación".

O líder dos socialistas galegos lembrou a necesidade dun cambio de goberno argumentando que o actual "destruíu nestes 11 anos 70.000 postos de traballo, reduciu o investimento en gasto sanitario, recortou en 500 as camas dispoñibles nos hospitais públicos galegos e non fixo ningunha residencia pública para maiores".

Pola outra banda, o BNG liderado por Ana Pontón, candidata nacionalista, explicou o seu proxecto de goberno para Ourense no acto realizado onte na Catedral de Ourense e no que estivo acompañada pola candidata provincial, Noa Presas, e o resto da lista por Ourense.

Pontón fixo fincapé na necesidade de que Ourense "deixe atrás dez anos en branco e negro por unha Galicia en cor". Unha das partes fundamentais do proxecto nacionalista que avanzou onte a candidata á Xunta foi a construción de 7 residencias públicas, apelando ao espírito da protesta de "Verín non se pecha" e querendo poñer fin a un modelo que "converteu a vellez nun negocio lucrativo".

Para ilustrar este cambio, a candidata nacionalista a presidir a Xunta calificou de "candidatura de excelencia" a lista encabezada por Noa Presas, presentando un programa para a provincia con dous eixos: o plano económico e de creación de emprego, considerando o mundo rural como sector estratéxico, e o plano dos servizos sociais.

Gonzalo Caballero: "Galicia necesita dar un paso adiante da man do PSOE"

O líder PSdeG subliñou que o 12 de xullo estará en xogo "se Galicia avanza e afronta a reconstrución para que ninguén quede atrás ou se se continúa coas políticas dañinas do PPdeG". Así mesmo, Caballero entende que "Galicia necesita dar un paso adieante da man do PSOE ", que representa "a capacidade de goberno e un cambio con garantías en que os galegos poden confiar".

Ourense. 17/06/2020. Presentación da candidatura do Psg-Psoe de Ourense ás eleccións autonómicas do 12 de Xullo.
Foto: Xesús Fariñas

Caballero tamén aproveitou a súa presencia en Ourense para trasladar o seu "respaldo unánime e forte" ao seu líder provincial Rafael Rodríguez Villarino, e ao subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso, despois de que o PP de Ourense pedise a súa dimisión polas críticas recibidas á xestión das axudas dos autónomos e pemes por parte da Deputación de Ourense. "Se o  PP quere pedir dimisións, que pida a do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. polo pacto da indignidade feito para gobernar en Ourense".

Noa Presas apela ao Ourense "que non se resigna e que posibilite o cambio"

A cabeza de lista do BNG por Ourense  recalcou no acto a importancia da cita electoral do 12 de xullo, asegurando que "estamos nun momento clave e as decisións que se tomen van marcar o futuro desta provincia" e destacando que a candidatura que lidera ten dous obxectivos: " Canalizar o apoio de todas as persoas que entenden que Ourense merece máis e abrir unha nova páxina na nosa historia, e mobilizarse sendo conscientes de que é o lugar onde se xoga a maioría absoluta o PP, é aquí onde ten que caer".

ma_2020_06_17_213

Presas indicou que o partido nacionalista defende un Ourense "que non se resigna", presentando un programa que permita facer da provincia un lugar no que vivir e traballar, con benestar social, aproveitando todo o potencial de Ourense. Como exemplos da mala xestión do actual Goberno, a ourensá citou os casos de Celanova ou Verín. 

Te puede interesar