Francisco Rodríguez garantiu a obra pública nun encontro que mantivo con empresarios de traballos medioambientais

O PSdeG comprométese a manter o 'emprego verde'

Francisco Rodríguez, de pé, con Espinosa e Bayo, saúda ós empresarios asistentes ó almorzo. (Foto: M. PINAL)
Ourense ten que ser unha cidade verde'. O candidato socialista á Alcaldía de Ourense, Francisco Rodríguez, comprometeuse onte ante representantes de empresas e institucións que nalgún momento traballaron en proxectos da Concellería de Medio Ambiente a garantizar ese futuro para a cidade pero tamén a impulsar o 'emprego verde', a mellor maneira, dixo, de xerar actividade empresarial e postos de traballo, que é facendo un esforzo asicional para contratar obra pública.
Francisco Rodríguez ofreceu un almorzo no restaurante das Pozas de Maimón, onde estivo acompañado pola candidata Susana Bayo e polo concelleiro de Medio Ambiente do actual mandato, Demetrio Espinosa.

Francisco Rodríguez citou algún dos proxectos que demandan man de obra no sector do Medio Ambiente, dende a mellora do saneamento, 'onde estaba todo por facer porque nos últimos 20 anos ninguén se preocupara de sustituír as antigas canalizacións, ata o proxecto da nova depuradora, que será un referente de modernidade e última tecnoloxía, ou a xeración de espazos naturais, como fixemos xa en Montealegre'. Francisco Rodríguez subliñou que 'aínda que moitos concellos se escudan en que o emprego non é competencia municipal, nós temos claro que todo é cuestión de decisión e vontade'.


MÁIS ENCONTROS

Ó mediodía, Francisco Rodríguez xantou con máis de sesenta representantes do deporte ourensán, desde as campionas de España de fútbol sala feminino, ata representantes de hockey, fútbol, baloncesto, ou balonmán, cos que o candidato socialista se comprometeu a 'fomentar o deporte base'. Xa pola tarde, o candidato socialista participou nunha xuntanza coa mocidade nas inmediacións do Xardín do Posío, e tamén no cncontro organizado pola Plataforma da Sanidade Pública no Ateneo, para expoñer as propostas socialistas en materia sanitaria na cidade.

Te puede interesar