O PSOE critica a marxinación de Ourense polo Xacobeo

O deputado do Grupo Parlamentario Socialista, Juan Carlos Francisco Rivera anunció que rexistrou unha iniciativa na Cámara Autonómica na que reclama explicacións á Secretaria Xeral para o Turismo, pola eliminación da Comarca de Monterrei e a Comarca da Límia na programación dos Actos do Xacobeo. E tamén pregunta 'porque a provincia de Ourense, no seu conxunto,unha vez máis queda marxinada na programación cultural e turística da Xunta de Galicia'.
Francisco advirte 'que é unha auténtica tomadura de pelo a cidadanía que a Secretaria Xeral para o Turismo pretenda adicar 500.000 euros para que os técnicos das oficinas turísticas se 'familiaricen' cos destinos turísticos'. Xa que asegura que a oferta de promoción turística na provincia de Ourense e particularmente nas comarca de Monterrei e da Límia é nula.

Tamén denuncia que en 15 meses de goberno do PP, Turismo 'ten demostrado unha insensibilidade absoluta coa comarca de Monterrei a hora de impulsar accións e políticas de promoción e desenvolvemento turístico'.

Te puede interesar