POLÍTICA

O PSOE da Peroxa pide 20 melloras de "urxencia"

No último pleno, a oposición lembrou algúns "incumprimentos" do mandato e pediu celeridade

Os socialistas da Peroxa solicitaron no último pleno que se adopten con "urxencia" unha serie de medidas que consideran "incumprimentos" do equipo de goberno. Así, no pleno presentaron en forma de rogo unha vintena de deberes.

O concelleiro do PSOE Antonio González Fiúza enumerou algunhas delas, como a sinalización de acceso a vehículos pesados nos Peares, a limpeza do barrizal na estrada de acceso a Corbelle, a mellora da web municipal, a posta en marcha do viveiro empresarial, a mellor na rotonda de entrada á Peroxa, a construción de escaleiras na nova bancada do campo de fútbol, ou a instalación de sinais de Stop en diversos cruces, entre outras. 

No pleno aprobouse o cambio de denominación do núcleo de Outeiriños, situado na parroquia de San Xes da Peroxa, polo de Cidadella, e a cesión de terreos no núcleo da Peroxa ao Instituto Galego de Vivenda e Solo para construír vivendas de protección oficial. Ademais, tamén se aprobou iniciar un expediente de investigación dun camiño en Gueral e unha modificación puntual no Plan Xeral de Ordenación Municipal.

ILUMINACIÓN

Noutra orde de cousas, durante o pleno o único grupo de oposición tamén conminou ao rexedor, Manuel Seoane, a recuperar os puntos de luz "apagados" durante a crise económica e citou o caso dunha aleda "moi necesitada" do alumeada, como Vilar de Corbelle.

Te puede interesar