PRAZA DE ABASTOS

PSOE e OUeC piden unha mesa de traballo para desbloquear a Praza de Abastos de A Ponte

Os grupos solicitan unha comisión con representación política, social e administrativa, que busque unha solución "inminente e consesuada" para o futuro desta infraestructura

A través dun escrito rexistrado esta mañá no Concello, OUeC e PSOE solicitaron ao equipo de goberno a convocatoria dunha mesa de traballo para o deseño e redacción dun Plan Estratéxico para as instalacións da Praza de Abastos Nº2 da Ponte, reformada e pechada dende hai máis dun ano, e bloqueada tras a recente declaración como deserto do concurso para a súa explotación.

Apoiándose na emenda de adición presentada por Ourense en Común á moción de DO no pasado pleno, os grupos solicitan a convocatoria  dunha comisión, con representación de todos os grupos da oposición, asociacións de comerciantes e técnicos municipais, para desbloquear a xestión deste equipamento apoiándose nunha "solución inminente e consensuada".

Os grupos entenden que "o excesivo canon fixado no procedemento aberto que convocou o Concello, que superaba os 50.000 €, supuxo que a licitación quedase deserta, derivando no clamor do barrio, que presentaba a pasada semana máis de 4.000 firmas de veciñas e comerciantes, reclamando a súa apertura inmediata". PSOE e OueC argumentan que "a paralización da Praza de Abastos nº2, está repercutindo no pequeno comercio, provocando peche de establecementos e, en definitiva, prexudicando economicamente ao barrio da Ponte".

Te puede interesar