O PSOE pide máis prazas para o Concilia Verán

OURENSE (CASA DO CONCELLO). 13/07/2018. OURENSE. Praza Maior, alumnos y alumnas que participan en el programa Concilia Verán de la Concellería de Educación (200 estudiantes de varios CEIPs donde se celebra el programa: O Couto, Prácticas, Curros Enríquez y Amadeo Rguez. Barroso) celebran el Entroido de Verán con bailes, juegos y otras dinámicas de grupo. Asiste la concelleira de educación, Belén Iglesias y el alcalde, Jesús Vázquez. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera Imagen de archivo de una de las actividades de ‘Concilia Verán 2024’

Dende o PSOE na cidade reclamaron onte ao goberno local que amplíe as prazas destinadas ao programa ‘Concilia Verán 2024’ ante a supresión das actividades que para este fin se desenvolvían na rede de centros cívicos da cidade de Ourense. Os socialistas lembran que o goberno de Jácome “foi reducindo nos últimos anos o número de prazas ofertadas ata chegar á metade” e que a situación se verá agravada agora pola “decisión de cargarse o programa complementario que axudaba a preto de 200 familias”.

Entenden os socialistas que non se debería deixar sen opción a familias que, en moitos casos, non teñen recursos suficientes para facer fronte a unha necesidade básica e que en época estival, ao non haber horario lectivo, todo torna máis complicado. Nos últimos dous anos, con Jácome como alcalde, o número de nenos que poden optar ao programa Concilia Verán “reduciuse das 1.000 prazas que había no ano 2020 ata as 800 de 2022 e 2023”, censuran.

Te puede interesar