Os rapaces do CEIP de Padrenda viron “a tele por dentro” en Telemiño

Os rapaces de Padrenda viron “a tele por dentro”
photo_camera Os rapaces de Padrenda viron “a tele por dentro”
O alumnado do CEIP Padrenda visitou as instalacións de Telemiño para aprender máis sobre como funciona unha televisión, e como se informa sobre Ourense

Os rapaces do CEIP de Padrenda descubriron que hai detrás dunha emisión televisiva. Un numeroso grupo de mozos visitaron as instalacións de Telemiño, onde puideron comprobar como se gravan varios dos programas da grella. Por exemplo, asistiron á gravación do programa de información meteorolóxica, vendo dende a sala de realización todo o proceso. Ademais, tamén puideron conversar coas profesionais de Telemiño Susana Bayo ou Laura Vázquez, que lles explicaron todos os procesos que hai detrás dun programa de televisión.

Despois tamén puideron entrar ao estudio e sentirse estrelas televisivas por uns momentos. Mentres uns se puñan diante das cámaras, outros compañeiros ocupaban o posto de operadores e de realizadores. Para despedir este día, fixeron unha foto de familia no set de gravación de Telemiño.

Te puede interesar