Recoñecemento ás mulleres rurais na loita pola igualdade

A Xunta reinvindicou onte os movementos que traballan pola igualdade e a loita contra a violencia de xénero no rural ourensán, nun acto de recoñecemento ás mulleres rurais de Ourense. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, tomou parte na inauguración dunhas xornadas organizadas pola Federación provincial de mulleres rurais de Ourense (Femuro) no balneario de Arnoia para directivas de entidades, nas que destacou a nova convocatoria do programa Emega de emprendemento feminino, que permitirá este ano apoiar 234 iniciativas empresariais de mulleres e os programas para potenciar o liderado das mulleres rurais e a súa incorporación ás estruturas de decisión.

A secretaria xeral aproveitou a presenza en Arnoia para reivindicar o compromiso da Xunta por un rural que aposte pola igualdade de oportunidades no que se recoñeza o talento e o liderado da muller. Subliñou que a muller nestas contornas ten un rol moi relevante para asentar os seus proxectos empresariais e vitais. “As mulleres galegas son exemplo de superación e constitúen un dos piares que sosteñen a identidade galega”, dixo.

Te puede interesar