Repetirán os candidatos nas eleccións de Castro Caldelas

Concello de Castro Caldelas
photo_camera Concello de Castro Caldelas
Castro Caldelas repetirá as eleccións municipais o próximo 26 de novembro

O único concello de Galicia que segue pendente de constituír a súa nova corporación tras as eleccións municipais do pasado mes de maio é o concello ourensán de Castro Caldelas. Os resultados do 28M foron anulados pola Xunta Electoral debido a un problema coa custodia dos votos por correo e ordenouse a repetición dos comicios. A nova votación xa ten data, o próximo día 26 de novembro. Nas eleccións do pasado mes de maio concorreron tres listas en Castro Caldelas, as mesmas que volverán competir polo voto o próximo 26 de novembro: PSOE, PP e BNG.

Os resultados do 28M outorgáronlle  a reelección á socialista Sara Inés Vega, con cinco dos nove concelleiros en disputa e 398 votos fronte aos 371 (e catro edís) que lograrían os populares, encabezados por César Enríquez, Cachín. José Luis Prieto liderará a candidatura do BNG.

Te puede interesar