Ribadavia chequea as necesidades dos seus maiores

Os Servizos Sociais de Ribadavia realizaron un novo estudio sobre a poboación maior, centrándose nesta ocasión nos que sobrepasan os 75 anos para coñecer a situación na que se atopan.
Foron localizadas 274 persoas, das que o 39% ten servizos prestados de maneira activa polo Concello de Ribadavia.

É destacable tamén, que tan só o 4% de persoas enquisadas atoparíanse con necesidade aparente de servizos, 'o que demostra que por parte dos servizos públicos (co apoio dos familiares), hai un importante sistema de prevención e control sobre as persoas maiores', segundo sinalan os responsables deste departamento municipal.

Tras o estudo, os técnicos consideran necesario solicitar a Teleasistencia para seis persoas e a axuda no fogar para outros dous veciños.

Te puede interesar