ENTREVISTA/ VIDA

Rocío Salgado, una "Caperucita" con tintes de modernidad

photo_camera Rocío Salgado Pérez.

Os inicios de Rocío Salgado foron no instituto, cando deu os seus primeiros pasos no grupo de teatro que alí había

Os inicios de Rocío Salgado foron no instituto, cando deu os seus primeiros pasos no grupo de teatro que alí había. A partires de eí estudou na Esad de Galicia e comeceu a traballar en teatro Infantil na compañía de Avento Producións Teatrais e con Xistra de Coruxo nos seus espectáculos didácticos ata chegar a EducaTeatro, onde na actualidade interpreta o seu papel principal no musical da "Carapuchiña Vermella". Ademais ten realizado algunha que outra curtametraxe, aínda que destaca unha pequena participación na curta de "Vida" de Rubén Riós. E, a nivel musical, pertence ao grupo Cantareiras a Treu con Xerardo Santomé e Xurxo “ O Terrible”. Un completo curriculum que lle augura un prometedor futuro.

Cóntenos, xa sentía certa chamada ao mundo do espectáculo dende cativa?
A verdade é que a facer teatro comecei no instituto, porque eu antes era una rapaza moi tímida, se ata me escondía detrás de miña nai... (risas) pero foi un non parar… dende que comecei a facer teatro non puiden pensar noutra cousa. Supoño que xa ven no sangue, na miña familia sempre fomos moi teatreiros, e por algún lado tiña que saír.

Agora está de xira co musical “Carapuchiña Vermella", como se prepara para as representacións?
Pois a verdade e que eu observo moito ás persoas e moitas veces os meus personaxes teñen pautas e actitudes que vexo por a rúa, e tamén a nivel mental, teño a sorte de ser moi empática e gústame porme no lugar dos demáis, e iso para os personaxes ven moi ben. Logo a nivel corporal pois cun pequeno entrenamento que levo facendo dende que estudei na Esad, para manter o corpo e a mente activada.

Con “Carapuchiña vermella", que se atopa o público?
Atópase un espectáculo musical, con voces en directo, e con moitas sorpresas dentro do propio conto, dámoslle alguna volta, introducimos novos personaxes e cun final alternativo. Porque os lobos sempre teñen que rematar mal? Ademais, modernizamos os personaxes e a propia historia para que calquera nena ou neno de hoxe en día se poida ver reflictido. Todo cun trasfondo didáctico, como xa é marca de EducaTeatro. Neste caso intentamos sensibilizar aos máis pequenos da importancia da reciclaxe e o coidado do medio ambiente ou a igualdade.

Tratase dun público infantil... costa máis achegarse a el?
Eu creo que non, se vas con sinceridade e verdade os nenos aceptante, a verdade é que son un público xenial, encántame traballar para eles.

Sobre as táboas é pura ledicia e enerxía, é complicado ese “papel"?
Non! (risas). A verdade e que son bastante enérxica, entón introducirlle esa enerxía a Carapuchiña non me costa nada.

Que proxectos de futuro ten?
A curto prazo seguir levando o musical da Carapuchiña Vermella por toda Galicia, ao mesmo tempo que medro como actriz. Tamén teño en mente facer algún que outro curso e tamén me gustaría facer audiovisual, e principalmente seguir facendo teatro. Ese é o meu proxecto, facer teatro.

Te puede interesar