Roteiro pola obra e terras de Otero Pedrayo

Eran as once da mañá de onte e a néboa asolagaba o val do Barbantiño. No portón de entrada da Casa Grande de Cimadevila xuntábase un grupo duns vinte amadores da obra de Don Ramón Otero Pedrayo, que atenderon a chamada da Fundación para facer este sábado pola mañá un percorrido polos lugares presentes na súa obra. A visita comezou cun percorrido pola Casa Grande baixo expertas indicacións de Susana González quen habitualmente se encarga da dirección das visitas escolares e de grupos na Casa.
A idea mantida ao logo da camiñata é que o escritor da xeración Nós non creou da súa imaxinación os personaxes e os espazos xeográficos senón que teceu con mestría fíos dunha realidade física e humana que o rodeaban naquelas amadas terras. Seguindo o material do libro 'Trasalba, terra literaria' puideron comprobar a importancia desa intimidade real e frutífera entre o escritor e terras.

O roteiro, foi organizado e dirixido pola profesora de lingua e literatura galega Patricia Arias Chachero, autora do libro citado, xunto con Susana Reborada e Susana González, da Fundación Otero Pedrayo.

Te puede interesar