Rouban 600 euros e xoias valoradas en 12.000 euros nunha vivenda en Barbadás

Un veciño do termo municipal de Barbadás denunciou o roubo de 600 euros e de varias xoias valoradas nuns 12.000 euros do seu domicilio. Segundo informou este luns a Garda Civil, o domingo día 2 de xaneiro un individuo de 60 anos, veciño da poboación de Piñor, en Barbadás, denunciou que uns descoñecidos, tras forzar a ventá dunha vivenda da súa propiedade, accederon ao interior.
O denunciante indicou no cuartel de Ourense que os ladróns se apoderaron de 600 euros en efectivo e varias xoias valoradas en 12.000 euros.

As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución Número 1 de Ourense, segundo precisaron as mesmas fontes.

Te puede interesar