San Cibrao inviste 2,2 millóns en nova luminaria

Nova sinalización dixital en forma de radar pedagóxico, no polígono de Barreiros. MIGUEL ÁNGEL
photo_camera Nova sinalización dixital en forma de radar pedagóxico, no polígono de Barreiros. MIGUEL ÁNGEL
Tamén instala radares pedagóxicos en varios tramos dos polígonos

O Concello de San Cibrao das Viñas mudou todo o alumeado público do municipio e instalou poaneis pedagóxicos de control de velocidad en diferentes puntos. Esta plan acometido polo municipio industrial permitirá un 75% de aforro enerxético e contou cun investimento total de 2,2 millóns de euros, repartidos por unha banda en 773.520 euros e outro de 1,43 millóns. 

A subvención do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) permitiu sufragar o 80% de ambos proxectos, un total de 1,8 millóns que entraron  directamente nas arcas municipais. 

O primeiro dos proxectos correspóndese aos polígonos e as principais vías do municipio, onde 1.500 puntos de luz foron anovados coa última tecnoloxía LED. Tamén se mudaron os 29 cadros de alumeado e saneamento de redes eléctricas, ferraxes, e outro equipamento. Hai efectos moi visibles, como a iluminación dos pasos de peóns, sinalización luminosa dos tramos do Camiño de Santiago e radares pedagóxicos (paneis luminosos onde se indica a velocidade dos condutores). Toda a substitución do alumeado se concluirá este mes. 

Renovacións de núcleos

O segundo proxecto, adxudicado o 26 de febreiro, afectará aos núcleos de San Cibrao. Renovaranse  2.301 puntos de luz, 75 cadros eléctricos e levarase a cabo o saneamento das redes eléctricas, ferraxes, postas a terra... 

Te puede interesar