SANIDAD

Pereiro disporá dun novo centro de saúde no ano 2019

A Xunta investirá 1,1 millóns de euros nunha nova superficie que abarcará case 700 metros cadrados 

A Consellería de Sanidade investirá 1,1 millóns de euros na construción do novo centro de saúde de Pereiro de Aguiar, que contará cunha superficie construída de 682,17 metros cadrados e cuxo prazo de execución da obra previsto é de "16 meses", segundo afirmou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, nunha visita aos terreos xunto ao presidente da Deputación, Manuel Baltar e o alcalde de Pereiro, Eliseo Fernández. 

Baltar remarcou a importancia da cooperación "para facer realidade en meses un proxecto que contribuirá a situar á provincia á vangarda sanitaria", e confirmou que a Deputación realizará o acondicionamento da zona de aparcadoiro do dito centro de saúde, 1.500 m2, "para que os usuarios teñan as maiores facilidades de acceso para a súa atención médica". 

O novo edificio sanitario contará con tres consultas de medicina xeral e unha de pediatría, cun orzamento de licitación de 1.124.785,87 euros. O alcalde do municipio, Eliseo Fernández, reivindicou a "confianza" en que se dote ao centro de recursos para a pediatría debido á "gran cantidade de nenos no concello" e avanzou que o Concello ten o "compromiso firme" da adquisición dun terreo que permitirá conectar o centro de saúde co núcleo de Pereiro, "para mellorar a seguridade de peóns e facilitar a accesibilidade".

A superficie quedará distribuída nunha entrada con vestíbulo con

espazo para camillas, recepción e mostrador e unha zona de espera.

Contémplanse tres consultas de medicina xeral, dúas de enfermería, unha consulta da muller con aseo, unha sala polivalente e unha sala de espera. Na área pediátrica, haberá unha consulta de pediatría, unha de enfermería pediátrica, e unha sala de espera.

Te puede interesar