Santalices: “Sen Nós, o Estatuto sería outra cousa"

photo_camera  
O presidente do Parlamento visitou a mostra "Galicia, de Nós a nós" no Marcos Valcárcel

O presidente do Parlamento de Galicia, o ourensán Miguel Santalices, visitou onte a gran exposición "Galicia, de Nós a nós", máis de 300 pezas ligadas á revista e a xeración e que se exhiben no centro cultural Marcos Valcárcel. O historiador Afonso Monxardín, comisario da mostra, guiou a Santalices pola exposición, acompañado polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

“Eran europeístas"

O presidente da Cámara galega subliñou a conmemoración do aniversario do Estatuto de Autonomía e a recente entrega das Medallas do Parlamento á xeración Nós. "Hai 100 anos que eles falaban dunha Galicia con unidade histórica. Eran euroepeístas. Viría ben que Europa se coordinase  mellor no referente á pandemia, que está xerando incertidume", dixo Santalices. Sobre a exposición, que se exhibe ata o próximo 18 de abril no Marcos Valcárcel e na Sala Afundación, comentou que "xoga un papel importante a evolución da revista Nós. Eses exemplares lograron introducir unha cultura galeguista en toda a comunidade autónoma, que foi o xerme improtante para que se puidera plasmar no que é o Estatuto de Autonomía", comentou. 

Sen rodeos, Santalices confesouse "defensor de que sen a xeracion Nós, o Estatuto de Autonomía sería outra cousa. Grazas a eles temos un estatuto que permitiu a evolución da nosa comunidade autónoma, que nada ten que ver co que era antes". O presidente do Parlamento de Galicia citou dese legado do Estatuto "que fomos quen de asumir determinadas transferencias, como a sanidade". Ademais, animou aos "máis novos" a coñecer o Estatuto de Autonomía.

Manuel Baltar deu a benvida ao presidente do Parlamento, destacando a "importancia de que nos visite o máximo representante da cámara galega, para percorrer e gozar desta singular mostra que organizamos conxuntamente a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, e ademais, faino na semana na que conmemoramos o 40º aniversario do Estatuto de Autonomía para Galicia, norma básica con que soñaron os integrantes da Xeración Nós, que posibilitaron ese berce de galeguismo no que se converteu Ourense". 

O presidente da Deputación subliñou a "absoluta xustiza" de outorgar as Medallas do Parlemtno de Galicia ´á xeración Nós, a través das fundacións que levan o nome de de Castelao, Losada Diéguez, Risco e Otero Pedrayo. Baltar defendeu a exposición como "magnífico traballo que permite interpretar a nosa realidade galega e a nosa memoria identitaria e poñela a disposición dos ourensáns, pois é unha das mostras das que máis orgullosos nos sentimos simboliza esa cultura con maiúsculas". 

Te puede interesar