CICLO DE CONFERENCIAS

O sector do turismo, estudado dende diferentes prismas en A Farixa

Ourense. 23-02-2016. Charla de Cristina Moratilla de Redegal en el CIFP de A Farixa. Cristina Moratilla y Patricia Tamayo. Paz
photo_camera Cristina Moratilla, responsable de Social Media Planner de Redegal, durante a súa intervención. (JOSÉ PAZ)

Varios expertos, como Cristina Moratilla, responsable do Social Media Planner de Redegal, ou Santiago Carrera, director dos paradores de Santo Estevo e de Monforte, levaron a súa experiencia aos alumnos do centro

O Cento de Ensinanzas Integradas de Formación Profesional A Farixa desenvolveu este martes unha xornada adicada ao turismo, na que participaron expertos que analizaron dende distintas perspectivas o sector, as suas características principais e a sua evolución. Estivo dirixida para os alumnos dos ciclos ciclos de Guía, Información e Actividades Turísticas, que tamén participaron na organización e no desenvolvemento do acto.

As ponencias comenzaron ca intervención de José Juan Cerdeira, director da área de Benestar da Deputación de Ourense, que explicou aos estudantes o Plan Termal de Ourense, abandeirado pola Deputación, centrándose no ámbito mais turístico. A continuación tocoulle o turno a Santiago Carrera, director dos paradores de Santo Estevo e de Monforte, quen lles contou aos alumnos de A Farixa, cómo definían a sua estratexia comercial e a qué tipo de clientes se dirixían, fundamentalmente, nos que destaca o sector de maior idade.

A segunda parte da xornada, abriuna Carmen Pardo, exdirectora xeral de Turismo da Xunta e actualmente xerente de Barceló & Ressort Norte de España e Portugal, que falou do turismo  dende a perspectiva dos mayoristas, en tanto que Cristina Moratilla, responsable do Social Media Planner de Redegal, foi a última intervinte, que se centrou en contar a actividade da  empresa tecnolóxica ourensán á que perteñece, no que atinxe á sua relación co comercio electrónico e a sua experiencia de traballo para o sector turístico.

Te puede interesar