COMERCIO OURENSANO

A segunda edición do "Barbadás Outlet" terá 25 establecementos

 O evento perfílase como o escaparate dun comercio local "dinámico e de calidade" e con prezos 'outlet', segundo destacou o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel

Un total de 25 establecementos cun amplo abano de produtos e servicios conformará a segunda edición do "Barbadás Outlet", que se celebrará os días 16 e 17 de marzo no polideportivo municipal deste municipio. O evento, organizado pola Concellería de Comercio , engloba moda, decoración, complementos, doces, deporte e fogar. Ademais, ofrecerá actividades para pequenos con ofertas de animación infantil, e tamén mén contará con sorteos de cofres e "cheques-regalo".

 O evento perfílase como o escaparate dun comercio local "dinámico e de calidade" e con prezos 'outlet', segundo destacou o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel. O horario de apertura dserá de 11,00 a14,30 e de 17,00 a 21,30 horas. A concelleira de Comercio, Marga Pérez, sinalou que o obxectivo é "non só vender produtos, senón crear un espazo atractivo para dar a coñecer as propostas e servizos". 

Te puede interesar