ARRESTO NA CIDADE

Unha asistenta do fogar aproveitaba o seu traballo para roubar en casas de Ourense

A muller levouse máis de 5.000 euros en xoias

A Policía Nacional detivo este luns en Ourense a unha muller que exercía labores de limpeza en domicilios acusada de furtar máis de 5.000 euros en xoias en distintas vivendas da cidade.

Segundo informou o corpo, os feitos que motivaron a detención aconteceron entre os días 29 de febreiro e 4 de marzo, cando se denunciou a desaparición de xoias de dous domicilios da cidade. No primeiro caso, o importe do subtraído superaba os 5.000 euros, mentres que o segundo está pendente de valoración.

Grazas ás investigacións levadas a cabo pola Comisaría de Ourense, os axentes puideron deter unha muller como presunta autora dos roubos. A detida é unha muller de 58 anos de idade, natural de Portugal, que realizaba labores de limpeza nos dous domicilios que sufriron furtos, nun deles dende había 18 anos.
 

Te puede interesar