ENTREVISTA

“O seu centenario está servindo para descubrir ao cela máis poliédrico"

ceres_serea_result
photo_camera Ceres Serea indagou na obra de Cela para atopar a relación do Nobel co viño.

A ourensá Ceres Serea Manso é a comisaria da exposición "Camilo José Cela, el elogio del vino de un Nobel", da Bodega Marqués de Vizhoja 

A ourensá Ceres Serea Manso é a comisaria da exposición "Camilo José Cela, el elogio del vino de un Nobel", da Bodega Marqués de Vizhoja (Arbo). Trátase dun "escaparate para divulgar a relación da figura de Cela co viño", que remata o vindeiro domingo. Ceres Serea pretende ofertala a outras institucións para que se convirta nunha mostra itinerante.


Como nace esta exposición?
Xurdiu a posibilidade de participar nos actos do centenario do nacemento de Camilo José Cela. Sabiamos que ao escritor lle gustaba moito a gastronomía e o viño e pensamos que era un bo momento para investigar a súa obra e facer esta exposición.

Como se relaciona, entón, o viño coa figura de Camilo José Cela?
Unha vez que comecei coa investigación puiden comprobar que, máis alá de que fose un gran aficionado ao viño, a relación do Nobel con esta bebida era prácticamente inabarcable pola cantidade de alusións que facía dentro da súa obra.

A sorpresa foi maiúscula...
Si, a miña idea inicial era máis humilde, pero realmente atopámonos cunha gran cantidade de referencias, e tivemos que facer unha selección do que incluir na nosa sala.

Que se pode atopar na mostra?
Cela tiña o costume de que cando tomaba un viño, como acto social cunha persoalidade importante, ao rematar a xornada pedíalle á outra persoa que lle dedicase a botella baleira. Na exposición temos botellas dedicadas por Picasso, Miró ou mesmo Hemingway. Creo que isto denota a importacia cultural que lle daba Cela ao viño.

Visitando esta exposición pódese descubrir unha faceta descoñecida do Nobel?
Por suposto, este centenario está servindo para descubrir ao Cela máis poliédrico, que así se definía porque dicía que tiña moitas caras. Agora estase descubrindo unha, que non se estudara anteriormente.

Te puede interesar