AUDIOVISUAL

Ourensáns candidatos aos Mestre Mateo: “Soa a tópico, pero estar entre os nominados xa é dabondo"

DFSDFS
photo_camera Sara Casasnovas y Rodrigo Vázquez.

Sara Casasnovas e Rodrigo Vázquez, os ourensáns nos Mestre Mateo, reflexionan sete días antes da gala

Os Premios Mestre Mateo, que entregará a Academia Galega do Audiovisual o próximo 3 de marzo, contan con dous ourensáns nas súas nominacións. "Escarabana", o debut como directora de Sara Casasnovas, opta ao premio "Mellor Curtametraxe de imaxe real", mentres que o presentador e xornalista Rodrigo Vázquez, pode convertirse no "Mellor comunicador de televisión", candidatura na que repite por terceiro ano consecutivo.

Irá a vencida? "Nunca se sabe, senon que llo pregunten aos holandeses que xogaron tres finais do Mundial, a última contra España, e perderon as tres. O importante é estar aí, e aínda que soe a tópico, estar entre os catro escollidos a mellor comunicador xa é dabondo", confesa Rodrigo Vázquez, que presenta o concurso "Ti verás" na TVG, onde ten que moder a lingua cando preguntan algo relacionado con Ourense. "Ay, aí é cando máis teño que disimular. Adoito saber as respostas, algunha escápaseme, pero sempre presumo de ourensán no programa e como os concursantes saben que son de acá, ás veces intento non aguantarlles a mirada". A clave de ser un bo comunicador é "ser un mesmo, ese é o requisito fundamental, porque niso si que somos insuperables todos", expresa o ourensán, que se define como "moi esixente" no traballo, unha labor ligada dende os seus inicios á TVG, onde pasou por diferentes formatos. A cadea elexiuno este ano para dar as badaladas con Gayoso. "Fíxome ilusión traballar con el e poder dicirllo aos meus netos nun futuro", conta.

Sara Casasnovas, a outra representante ourensá, debutou coma directora por todo o alto. "Escarabana" pasou polo Festival de Cine Internacional de Ourense, polo de Donostia ou polo de Sitges, cunha acollida que sente "con mucha alegría y gratitud. Estrenar en Sitges ha supuesto una gran entrada que se refleja en el circuito de festivales que han venido después y siguen programándolo". Os Mestre Mateo, os premios da súa terra, son para Casasnovas "un reconocimiento de los compañeros del sector audiovisual gallego para gallegos. Jugar en casa siempre abriga más el corazón y hace aún más ilusión". A actriz desexa que esta faceta de directora continúe, eso sí, "siempre compaginada con mi trabajo como actriz". Casasnovas está inmersa no proxecto "A xustiza pola man". "Es una pieza que versa en torno a la figura de Rosalía de Castro", engade. 

A SERIE GRAVADA EN VERÍN, NOMINADA DOBRE

A primeira coprodución entre as televisións públicas galega e portuguesa, "Vidago Palace" opta a dous premios Mestre Mateo. A serie, que retrata un amor prohibido nos anos 30, gravouse en varias localizacións da provincia durante o 2016, principalmente en Verín. Lugares tan emblemáticos coma o balneario de Augas de Cabreiroá convertíronse en plató improvisado, sumándose ás localizacións centrais da serie, ambientada no histórico hotel portugués Vidago Palace. O Concello de Verín fixo unha preestrea da serie o 29 de marzo de 2017, un pase do primeiro capítulo horas antes da estrea oficial na TVG. "Vidago Palace" opta ao premio de "Mellor Serie de Televisión" e a "Mellor dirección de produción", feita por Ana Míguez e Marta Lima. 

Te puede interesar