Os socialistas manifestan "a súa inmensa dor" polo falecemento de Rubén Pérez

O PSdeG traslada as súas condolencias e apoio aos familiares e amigos de Rubén e aos compañeiros e compañeiras da provincia de Ourense

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, en nome de todos os socialistas e as socialistas de Galicia, manifesta a “inmensa dor” que supón a noticia do repentino falecemento de Rubén Pérez, concelleiro socialista de Piñor, que só tiña 36 anos.

O PSdeG traslada as súas condolencias e apoio aos familiares e amigos de Rubén e aos compañeiros e compañeiras da provincia de Ourense, especialmente ao grupo socialista de Piñor, despois da inesperada morte dun compañeiro “comprometido cos valores socialistas e que traballaba por eles cada día a carón dos veciños”.

Te puede interesar