Son americano feito aquí

As actuacións de artistas e grupos ourensáns nas Festas de Ourense son unha parte fundamental do programa deste ano. Hoxe venres, no concerto que comeza ás 22,00 horas actuarán El Hombre Anodino e o grupo MCarballo, que ofrecerá ós asistentes a presentación do seu novo traballo discográfico 'Medaidos de Abril'.
Manuel Carballo, fundador e vocalista do grupo, sinala 'os 25 anos que levamos no mundo da música, e que esperamos que este concerto sexa unha maneira de achegalo noso traballo dun xeito directo os cidadáns e afeccionados da cidade'.

Este grupo, 100% ourensáns, presentará 11 temas do seu segundo traballo discográfico, 'unha grabación -explican- feita e producida de xeito íntegro en Ourense. Para nós é moi importante estar por primeira vez no programa de festexos da nosa cidade, e ademáis dos temas do novo disco interpretaremos cancións do noso traballo anterior e tamén, en primicia, novas composicións que estamos a elaborar. As veces a evolución non está no número de instrumentos, senón en saber cantos fan falla para decir o que se quere'.

A música de MCarballo 'son composicións que se achegan ó pop-rock americano, con moitas influencias do blues e da música sureña. Un destino que as cancións foron marcando e no que falan as melodías interpretadas coa soltura da música natal, propia'.

Por outra banda 'no noso repertorio, ainda que a maior parte das cancións teñen unha letra en inglés, tamén incorporamos temas en castelán e en galego'.

Te puede interesar