Infraestructuras

Taboadela renova 18 cadros eléctricos para ter mellor alumeado

Actualmente, os cadros de mando e protección das instalacións de alumeado público están nun estado deficiente

A Xunta de Galicia renovará 18 cadros eléctricos de Taboadela para a mellora do alumeado público do municipio, nun proxecto que conta cun orzamento de máis de 52.000 euros. As obras acometeranse en 18 núcleos do municipio e, unha vez adxudicadas, deberán estar rematadas nun prazo de dous meses. 

Actualmente, os cadros de mando e protección das instalacións de alumeado público están nun estado deficiente e dispoñen dunha insuficiente seguridade para os cidadáns, xa que non dispoñen de sistemas de proteción diferencial nin proteción contra sobretensións.A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fará unha reforma integral. 

Te puede interesar