LETRAS GALEGAS

Teatro, música e un roteiro para recordar a figura de Carlos Casares

Este xoves tivo lugar na sala de plenos do Concello a presentación das actividades organizadas polo goberno local para rendir homenaxe ao escritor

O Concello de Ourense presentou onte as actividades organizadas polo Concello de Ourense con motivo do Día das Letras Galegas, adicado a Carlos Casares, "quen sempre levou Ourense no corazón", en palabras do alcalde Jesús Vázquez. A homenaxe ao escritor ourensán non se reducirá á semana das Letras xa que, segundo a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, "é o ano de Casares e haberá programación ata o 31 de decembro". Javier Casares, irmán do homenaxeado, dixo que "Carlos fixo de Ourense parte da súa literatura, é un sitio de inspitación para el", e agradeceu que se contase cos máis pequenos na homenaxe. 

O día central de celebración na cidade será o próximo 16 de maio, cando o salón de plenos do Concello acollerá o acto institucional de homenaxe no que Casares será nomeado Fillo Predilecto, a partir das 12,00 horas. Tamén haberá unha descuberta da placa-escultura sobre a súa figura nos Xardíns de Bispo Cesáreo ás 13,30 horas; e o concerto da Real Filharmonía de Galicia, ás 20,30 horas.

O día 17, haberá unha carpa con librerías de Ourense dende as dez da mañá ata as 21 horas. Tamén se levará a cabo un roteiro ás 11,30 da mañá que sairá dende a Sala Valente, onde se atopa a exposición "Os Mundos de Casares". Os máis pequenos serán tamén protagonistas o luns 15 na Praza de San Martiño, coa representación de obras teatrais de Casares, a cargo de Raquel Queizás. O día 12 de maio, a partir das 20,30 horas, celebrarase no Auditorio a representación "Dos mortos daquel verán".

Te puede interesar